Rematan os cursos de educación ambiental e reparación de móbiles, ao abeiro do +Xti

Xoves, 16 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rematan os cursos de educación ambiental e reparación de móbiles, ao abeiro do +Xti

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez, saudou aos mozos e mozas que participaron as últimas semanas no cursos de educación ambiental e de reparación de móbiles e electrónica básica, organizados polo Concello de Lugo dentro do +Xti, e subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. Ambas as dúas actividades, gratuítas, remataron estes días, cubrindo o 100% das prazas o de reparación de móbiles e o 80% o de educación ambiental. Impartíronse no Uxío Novoneyra, en xornada de mañá.

Multimedia

  • Rematan os cursos de educación ambiental e reparación de móbiles, ao abeiro do +Xti

Noticias relacionadas