Remata o prazo para realizar suxestións e recomendacións ao Borrador da Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo

Venres, 21 de agosto de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe venres 21 de agosto, rematou o prazo para que a cidadanía presentase as achegas ao Borrador de Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo. Coa posibilidade de facer chegar as suxestións e recomendacións o equipo de Goberno pretendeu crear un debate social que permita ter unha ordenanza consensuada con toda a sociedade lucense.

O Goberno Local non quixo que fora un documento pechado polo que animou á cidadanía a participar a través do portal web do Concello: www.lugo.es onde se pode consultar o borrador da ordenanza elaborado polos servizos técnicos e xurídicos do Concello.

O obxectivo principal deste documento é o de contribuír ao progreso e mellora de convivencia na cidade.

Os apartados aos que se refire a ordenanza son: atentados á dignidade das persoas, degradación visual do entorno urbano, mendicidade, consumo de bebidas alcólicas no espazo público, comercio ambulante e prestación de servizos na vía pública, utilización do espazo público para o ofrecemento e demanda de servizos sexuais, necesidades fisiolóxicas ou actitudes vandálicas no uso do mobiliario urbano.

Pode descargar o borrador da ordenanza de civismo (arquivo PDF 284 KB)

Noticias relacionadas