Os traballos, de carácter preventivo e ordinario, comezaron o pasado venres pero deberon adiarse debido ás tormentas que se rexistraron ese día.
Os labores, que precisan da intervención de mergulladores e de guindastres para retirar os refugallos, obrigarán, de novo, a cortar o tráfico entre as 15:30 e as 18:30 horas na ponte próxima á estación Potabilizadora.
O Concello habilitou tres accesos alternativos nas inmediacións.

O Goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Protección Civil do Concello de Lugo procederá mañá, 1 de outubro, a concluír a limpeza do leito do río Miño, en Adai, para retirar pólas e troncos de árbores que poidan obstaculizar a represa da Estación de Tratamento de Auga Potable durante os vindeiros meses.
Os traballos, que comezaron o pasado venres tiveron que adiarse debido ás tormentas rexistradas ese día e que imposibilitaron a súa finalización.
Os labores, que precisan da intervención de mergulladores e de guindastres para retirar os refugallos, obrigarán, de novo, a cortar o tráfico entre as 15:30 e as 18:30 horas na ponte próxima á estación Potabilizadora.
As restricións afectarán, nomeadamente, ás parroquias de Adai e Meilán polo que o Concello habilitará tres accesos alternativos.
As persoas que precisen desprazarse pola contorna nese horario poderán facelo:
- ben pola ponte sobre o Miño, na N-540 (antiga Ponte Nova), por Monte Segade e a estrada municipal de Orbazai;
- pola Ponte Branca – que conecta a N-VI con San Lázaro, na Estrada Vella de Santiago e Fermín Rivera, en dirección Orbazai,
- ou ben, pola Ponte de Ombreiro, na estrada autonómica LU -234 que une Lugo e Friol.
Comprometéndose o Concello a restaurar o tráfico pola zona habitual en canto rematen as tarefas, tamén se finalizan antes do horario previsto.