Preto de mil lucenses participaron nas Excursións de Verán organizadas polo Concello

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou o balance de participación nas Excursións de Verán encadradas na programación de actividades socioculturales “Verán en Lugo”.

Un total de 945 persoas participaron nas vinte viaxes organizadas polos centros sociais da cidade e da zona rural. Estas actividades organizáronse para toda a poboación co fin de ofrecer aos lucenses a posibilidade de compartir unhas xornadas de lecer en destinos que combinaran aspectos culturais con espazos para o ocio.

Os centros sociais municipais da cidade programaros cinco saídas dun día e contaron con 245 participantes. Cada centro selecionou un destino distinto e cubriron todas as prazas ofertadas. O prezo de cada viaxe foi de 3 euros que cubrían os gastos de tranporte.

- O Centro Social Municipal de Fingoi organizou o 11 de xullo unha visita guiada a Ferrol e unha tarde de lecer na praia de Vadoviño.

- O Centro Social Municipal da Milagrosa realizou o 18 de xullo unha viaxe a San Andrés de Teixido que incluiu unha visita ao faro de Estaca de Bares.

- O Centro Social Municipal do Sagrado Corazón organizou o 24 de xullo unha excursión á vila medieval de Viveiro e unha tarde de lecer na praia de Covas.

- O Centro Social Municipal Uxío Novoneyra organizou o 8 de agosto unha excursión á Pontevedra, onde realizaron unha visita guiada ao museo Provincial de Pontevedra e gozaron dunha tarde de lecer na Praia de Montalbo.

- O Centro Social Municipal de Lamas de Prado realizou o 22 de agosto unha saída a Porto do Son, onde visitaron o centro deste pobo costeiro e achegáronse á praia das Furnas.

En total organizáronse 14 excursións na zona rural e queda pendente de realizar a de As Gándaras con destino a Taramundi, Mondoñedo e Lourenzá, que terá lugar o 9 de setembro.

Un total de 700 veciños xa participaron nestas viaxes e tiveron a oportunidade de visitar lugares como Oporto, San Sebastián, Ponferrada e As Médulas, Covadonga, Vigo, Allariz, Monforte e Ribeiras do Sil, León, Noia, O Grove, Santiago, Cambados e Vilagarcía.

Noticias relacionadas