A Policía Local investiga un accidente na Praza da Milagrosa que causou danos na exposición da Axenda Urbana e os aparcabicis

Venres, 14 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local investiga un accidente na Praza da Milagrosa que causou danos na exposición da Axenda Urbana e os aparcabicis

A Policía Local investiga as causas dun accidente ocorrido a pasada madrugada, en torno ás 7:00 horas da mañá, na Praza da Milagrosa que se saldou con danos materiais que afectaron á exposición itinerante da Axenda Urbana que o Goberno de Lara Méndez puxo en marcha para achegar aos cidadáns información sobre o Plan de Acción do executivo de cara a 2030; así como aos aparcabicis instalados nesta praza.

Os axentes tratan de localizar ao condutor que se deu á fuga logo de ocasionar desperfectos nas xardineiras e elementos decorativos situados a carón dos paneis explicativos da exposición, ao tempo que danou a estrutura do aparcabicis. No lugar atopouse algún resto do vehículo, polo que a Policía Local está a investigar o suceso co fin de averiguar o causante dos danos.

Multimedia

  • A Policía Local investiga un accidente na Praza da Milagrosa que causou danos na exposición da Axenda Urbana e os aparcabicis
  • A Policía Local investiga un accidente na Praza da Milagrosa que causou danos na exposición da Axenda Urbana e os aparcabicis

Noticias relacionadas