A apertura será de luns a venres, de 12.00 a 20.30 horas e, de 12.00 a 20.00 horas, os sábados e os domingos, en horario continuo.
O concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto informou que se manteñen os prezos de tempadas anteriores, ofrecendo tamén a opción de adquirir abonos.

O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes, que dirixe Mauricio Repetto, informa que as piscinas municipais exteriores de Frigsa abrirán ao público este venres, 1 de xullo, ata o día 31 de agosto.
A apertura será de luns a venres, de 12.00 a 20.30 horas e, de 12.00 a 20.00 horas, os sábados e os domingos, en horario continuo.
A instalación disporá dun mínimo de dous socorristas que atenderán en todos os horarios, que ascenderán a tres nas horas de máxima afluencia para maior seguridade de todos os bañistas.
O concelleiro de Deportes avanzou que se manteñen os prezos de tempadas anteriores, que serán de 1 euro para a mocidade ate os 15 anos (10’80 € o abono de 15 baños); de 2’20 euros para adultos, maiores de 16 anos, (22’30 € o custo do abono), e de 11’10 euros para pensionistas e para familias a partir de tres membros, 29,90 euros (o abono de 15 baños) e 59,10 € (o abono de 30 baños).
As instalacións están compostas por tres vasos de diferentes medidas e profundidades adaptados as diferentes idades:
- Plato sen profundidade: para menores de 3 anos e con capacidade para 14 usuarios.
- Piscina mediana: cunha profundidade máxima de 1,30 metros, para rapaces/as de entre 4 e 12 anos de idade.
- Piscina profunda: de 8 rúas de 25 metros de longo e cunha profundidade mínima de 1,20 e máxima 2,50 metros, onde é obrigatorio saber nadar.
Por outra banda, Repetto lembrou que “o Concello mantén ao longo de todo o ano, tamén en verán, unha piscina climatizada aberta”. En xullo será a de Frigsa, e en agosto os bañistas poderán utilizar a de As Pedreiras.
Horario mes de xullo. Piscina Frigsa
De luns a venres
- 07:00 a 22:30 horas
Sábados
- 10:00 a 14:00 horas
- 17:00 a 20:00 horas
Domingos
- 10:00 a 14:00
Horario mes de agosto. Piscina As Pedreiras
De luns a venres
- 08:00 a 22:30 horas
Sábados
- 10:00 a 14:00 horas
- 18:00 a 21:00 horas
Domingos
- 10:00 a 14:00