A pesar da seca no Miño, a zona prevista para a plataforma de baño mantén o caudal suficiente para inmersións seguras

“Estamos a cumprir os nosos compromisos coa veciñanza para que gocen dun espazo ben acondicionado, e confiamos en que a Xunta reconduza a súa negativa”, sostén.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse ata o río co edil de Medio Ambiente, onde comezou a instalarse o mobiliario previsto para acondicionar a zona da plataforma.

O Concello pídelle ao PP que non faga demagoxia: “Son coñecedores de que os Robles foi a nosa primeira opción, pero ten moita máis protección e a Xunta non a apoiou”.

Venres, 05 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A pesar da seca no Miño, a zona prevista para a plataforma de baño mantén o caudal suficiente para inmersións seguras

O Concello de Lugo comezou hoxe a instalar o mobiliario que estaba previsto para mellorar a estancia da veciñanza na zona do Miño onde se ía a instalar a plataforma de baño, que agora a Xunta de Galicia tenta impedir.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse ata o río acompañada do tenente de alcaldesa e Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, para ver como avanzaba a colocación dos distintos elementos. Alí se están a dispor, distribuídas por toda la zona verde, 10 mesas de madeira con bancos incorporados, 15 hamacas tamén de madeira e papeleiras, así como módulos de vestiarios e aseos adaptados

A rexedora destacou que “estamos a cumprir cos compromisos que adquirimos coa veciñanza para que este verán puidesen gozar dunha zona de baño ben acondicionada para persoas de todas as idades, e confiamos en que a Xunta de Galicia reconduza a súa negativa sen sentido para que finalmente podamos instalar os pantaláns da plataforma co fin de que cidadanía poida refrescarse de xeito seguro no Miño e co máximo respecto medioambiental”.

 “A Xunta debe saber que o fin das administracións é servir ao cidadán, e non entorpecer infraestruturas tan demandadas con fins partidistas, e máxime nun verán como o que estamos a vivir, con vagas de calor e altísimas temperaturas”, sostivo a rexedora.

Durante a visita a esta contorna, amouse ademais, como nun momento de gran seca no que o Miño se quedou sen caudal en numerosas zonas, a situación autorizada por 25 anos da plataforma de baño mantén as medidas de calado necesario para inmersións segura dos bañistas, medidas que oscila entre valores medios entre 1,5 y 2 metros, sendo a área máis baixa de 1,2 e a máis profunda, de 2,5 metros. Así o comprobaron ademais, os técnicos municipais que esta mañá estiveron a realizar medicións”.

A plataforma de baño contempla catro piscinas de diferentes profundidades para uso infantil e adulto.

“A evidente realidade reflicte que os informes técnicos, que a Xunta rexeita, son extremadamente rigorosos”, concluíu Lara Méndez.

Pola súa banda, o concelleiro Miguel Fernández pídelle ao PP de Lugo “que deixe de facer demagoxia cunha infraestrutura tan demandada pola cidadanía, e se poña, aínda que sexa por unha soa vez, ao lado da cidadanía”, en resposta a nova ocurrencia do grupo popular municipal de instalar a zona de baño nos Robles.

”Son coñecedores de que esa foi a nosa primeira opción, pero conta cunha maior protección medioambiental ao ser zona ZEC e que a Xunta non a considerou adecuada xa que nela atópase fauna e flora en perigo de extinción”.  Ademais, o edil destaca que habería que empezar o expediente de novo, e temos que lembrar que o Concello leva intentando acadar os permisos par a zona actual desde o 2017.  “Xa temos a autorización por 25 anos, e a Xunta debe agora ser rigorosa e non discriminar a Lugo con argumentos que non se sustentan técnicamente”.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a Praia Fluvial | Descargar mp3

Multimedia

  • A pesar da seca no Miño, a zona prevista para a plataforma de baño mantén o caudal suficiente para inmersións seguras
  • A pesar da seca no Miño, a zona prevista para a plataforma de baño mantén o caudal suficiente para inmersións seguras

Noticias relacionadas