Pechados os puntos de acopio de plásticos agrícolas, trala posta en marcha do sistema de recollida porta a porta

Miguel Fernández supervisou o peche destes puntos no rural, co que o Concello elimina un problema ambiental, como é a aparición de vertedoiros incontrolados

Ao novo servizo municipal de recollida porta a porta pódese acceder gratuitamente mediante unha simple chamada tanto a Urbaser como ao 010

Martes, 03 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou este luns o peche dun dos catro puntos de acopio de plásticos agrícolas, que estaban situados nas parroquias de Santa María de Bóveda, O Burgo, San Xoán do Campo e Coeses.   Este peche realizouse trala posta en marcha por parte do Concello dun sistema de recollida diferenciada e individualizada de plásticos agrícolas porta a porta nas instalacións agrarias do municipio, tal e como anunciara a Alcaldesa, Lara Méndez, co que se pretende fac

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou este luns o peche dun dos catro puntos de acopio de plásticos agrícolas, que estaban situados nas parroquias de Santa María de Bóveda, O Burgo, San Xoán do Campo e Coeses.

Este peche realizouse trala posta en marcha por parte do Concello dun sistema de recollida diferenciada e individualizada de plásticos agrícolas porta a porta nas instalacións agrarias do municipio, tal e como anunciara a Alcaldesa, Lara Méndez, co que se pretende facilitarlle a vida aos veciños e veciñas do rural, ademais de eliminar un problema ambiental, como é a aparición de vertedoiros incontrolados.

O gandeiro ou produtor pode acceder a este servizo municipal de xeito gratuíto, mediante unha simple chamada telefónica a Urbaser, ao 982-25-44-83, ou ao teléfono de atención cidadá 010, onde solicitará a recollida dos plásticos agrícolas. Nun período máximo de 15 días, Urbaser procederá á recollida na porta dos residuos e xestionará a súa trazabilidade, asegurándolle ao produtor que realiza a racionalización dos residuos.

Deste xeito, a entidade local demostra con feitos que está ao carón do rural e ao lado do sector gandeiro, ademais dáse resposta as peticións da veciñanza das distintas parroquias, co que se pretende fixar poboación e mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños e veciñas.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre os puntos de acopio de plásticos agrícolas | Descargar mp3

Noticias relacionadas