“O Concello cumpriu coa súa parte investindo 2,5 millóns de euros na adquisición do inmoble e preto de 150.000 euros en tarefas de conservación. Agora debe ser o Executivo galego o que financie a reforma da envolvente e da cuberta”, explicou.
“Debido á envergadura do proxecto, é necesario recuperar este compromiso autonómico para poder optar a outras liñas de financiamento. Os 500.000 euros anunciados deben ser o inicio dun investimento plurianual”, apuntou Alvarellos.
“Mentres a Xunta destina á reforma do pazo pontevedrés de Lourizán 17,3 millóns de euros pretenden descargar nas e os lucenses a súa responsabilidade de protexer o noso patrimonio arqueolóxico nun agravio comparativo sen precedentes”, afirmou tras a reunión.
- Tema
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo esta mañá un encontro con representantes da Plataforma MVRO no que lles trasladou que o Goberno local, da man do tecido asociativo e a sociedade lucense, solicitará á Xunta que concrete unha dotación orzamentaria plurianual e formalice a súa intención de colaborar na consecución do obxectivo de converter o antigo cuartel de San Fernando no Museo da Romanización. “É a miña responsabilidade esixir para Lugo o que é de xustiza. Somos a única administración que investiu neste proxecto. O Concello cumpriu coa súa parte destinando 2,5 millóns de euros na adquisición do inmoble e preto de 150.000 euros en tarefas de conservación ao longo dos últimos 8 anos. Agora debe ser o Executivo galego o que financie a reforma da envolvente e da cuberta. Non hai tempo que perder”, apuntou a rexedora tras o encontro.
Durante o transcurso da reunión, Alvarellos Fondo explicou que a folla de roteiro que guia o proceso de rehabilitación é a proposta Perseo, redactada por Pedro Colón de Carvajal e Raquel Buj, gañadores do concurso de ideas convocado pola Xunta no seu día e que ademais conta co informe favorable do Icomos. “A partir desta proposta, desde o Concello planificamos a execución dos traballos en catro fases, o que pedimos á Xunta é que asuma a primeira delas que afecta á envolvente e a cuberta e cuxo custo de execución coincide practicamente coa contía que o Concello destinou ata o momento ao proxecto. Isto situaríanos en disposición de acceder a outro tipo de liñas de financiamento que incluiría fondos municipais, como o 2% Cultural ou fondos europeos, cos que poderiamos abordar as fases relacionadas coa musealización do inmoble , xa que son liñas específicas para este fin”, sinalou.
Alvarellos lembrou que máis de 15.000 pezas de diversa cronoloxía alto imperial e baixo imperial recuperadas ao longo de 30 anos de escavacións atópanse neste momento gardadas en dependencias municipais e mesmo en domicilios particulares de arqueólogos no que considera unha neglixencia maiúscula por parte do executivo galego. “É necesario que o a Xunta asuma as súas competencias. Mentres o goberno de Rueda destina á reforma do pazo pontevedrés de Lourizán 17,3 millóns de euros pretenden descargar nas e os lucenses a súa responsabilidade de protexer o noso patrimonio arqueolóxico nun agravio comparativo sen precedentes”, afirmou.



