Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión dun novo axente da Policía Local en permuta

Luns, 01 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión dun novo axente da Policía Local en permuta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, efectivizou esta mañá a toma de posesión dun novo axente da Policía local que se incorporará á plantilla do Concello procedente doutra Administración local. O policía en permuta é Ivan Rodríguez Pérez.

A rexedora trasladou os seus parabéns ao efectivo polo seu nomeamento e desexoulle sorte no desenvolvemento do seu novo cometido. “Asumes un traballo no que xa tes experiencia, pero que esixe unha gran responsabilidade, sempre ao servizo público de Lugo e da súa veciñanza”, manifestou a rexedora quen destacou o importante labor que está a realiza a Policía Local de Lugo en prol da convivencia cidadá.

Multimedia

  • Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión dun novo axente da Policía Local en permuta
  • Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión dun novo axente da Policía Local en permuta

Noticias relacionadas