Os servizos de emerxencias do Concello atenderon medio cento de incidencias causadas pola Borrasca Ana

O Concello xa adoptara medidas de prevención para garantir a seguridade cidadá, como a de manter pechados ao públicos os parques da Milagrosa e de Rosalía de Castro, así como a exposición ao aire libre da Praza Maior

Luns, 11 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os servizos de emerxencia do Concello atenderon medio cento de incidencias relacionadas co temporal de vento e choiva de onte domingo, denominada Borrasca Ana. Recibíronse numerosos avisos da cidadanía, a maioría deles relacionados con caídas de árbores ou colectores de lixo así como bolsas de auga na calzada.

Os bombeiros de Lugo deron onte resposta a 16 incidencias, prestando esta mañá a súa axuda para liberar estradas de árbores caídos. En xornada de domingo á tarde, a Policía Local atendeu 10 incidencias e deu aviso doutras 5 a outros servizos, como Urbaser.

O Concello xa adoptara medidas de prevención para garantir a seguridade cidadá, ante a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, como a de manter pechados ao público os parques da Milagrosa -tamén o MIHL- e Rosalía de Castro, así como a exposición que se atopa ao aire libre, no fondo da Praza Maior . Os parques e a exposición abríronse de novo ao público esta mañá, tras as correspondentes tarefas de mantemento e supervisión do arboredo existentes nestes espazos.

O Goberno Local agradece o importante labor realizado pola Policía Local, damnificado tamén por este temporal ao caer unha árbore nun coche, así como o Corpo de Bombeiros, e a disposición de Protección Civil e doutros servizos municipais e empresas que prestan o seu traballo á entidade local para solucionar coa máxima rapidez as incidencias e garantir a seguridade cidadá.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre as Incidencias causadas pola Borrasca Ana | Descargar mp3

Noticias relacionadas