Os abetos de Nadal do Concello desfrutan dunha nova vida na zona verde de San Fiz

Venres, 10 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os abetos de Nadal do Concello desfrutan dunha nova vida na zona verde de San Fiz

Ano novo, vida nova!

Tamén para os abetos que durante as últimas semanas adornaron de Nadal a Casa Consistorial, seguindo o espírito de sostibilidade impulsado pola alcaldía.

No Concello serviron para engalanar de festa as dependencias municipais durante o pasado mes, axudando a crear un ambiente de celebración ao que tamén contribuíu o resto da decoración navideña instalada.

Un tempo no que persoal de Medio Ambiente fíxose cargo dos seus coidados para garantir a súa conservación en bo estado co obxectivo de que puidera ser transplantado en condicións óptimas.

Dende esta semana, os exemplares, de máis de dous metros de altura, intégranse no conxunto de parques e xardíns da cidade, logo de ser trasladados á zona verde de San Fiz. Un espazo escollido segundo as necesidades de crecemento desta especie e da súa singularidade estética, determinante para atoparlle un encaixe axeitado na contorna urbana.

A aposta da administración local por este tipo de ornamentación encádrase dentro da aposta decidida da alcaldía pola utilización de recursos naturais e pola sustentabilidade, escollendo árbores vivas que agora terán un futuro como parte do paisaxe da capital.

Multimedia

  • Os abetos de Nadal do Concello desfrutan dunha nova vida na zona verde de San Fiz
  • Os abetos de Nadal do Concello desfrutan dunha nova vida na zona verde de San Fiz

Noticias relacionadas