A OMIC de Lugo, un servizo municipal que resolve o 84,5% das reclamacións prentadas polo consumidor grazas ao seu papel mediador

No que vai de ano, esta oficina da entidade local que ofrece información, axuda e asesoramento ao consumidor para o axeitado exercicio dos seus dereitos en materia de consumo atendeu un total de 196 reclamacións

Preto do 58% das queixas son cuestións relacionadas co servizo de telefonía e electricidade. Pola contra, o sector téxtil e do calzado ten escasas reclamacións

Luns, 15 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) atendeu un total de 196 reclamacións no que vai de ano, resolvendo o 84,5% das reclamacións presentadas, grazas ao seu papel mediador entre o consumidor e a empresa.

Os meses que máis reclamacións se presentaron nesta oficina do Concello, que ofrece servizo de información, axuda e asesoramento aos consumidores e usuarios para o axeitado exercicio dos seus dereitos en materia de consumidor, foron abril, xaneiro e xullo, con 31, 29 e 28, respectivamente. O mes que menos queixas se tramitaron foi marzo, con 20.

Preto do 58% do total das reclamacións son cuestións relacionadas co servizo de telefonía e electricidade, un 5% máis que no 2015. No caso das compañías telefónicas aténdense principalmente facturacións incorectas, problemas de cobertura, garantías de terminaís ou internet. No que se refire ás compañías eléctricas, trátase de facturacións ou lecturas incorrectas, cortes de suministro, incumprimento de prazos ou cambios de compañía fraudulentos.

O resto dos sectores sobres os que se reciben queixas son a banca, automóbil novo e usado, compañías aéreas, seguros médicos ou de accidentes, academias de ensino, electrodomésticos, gasolineiras, xoierías, perruquerías, transporte de viaxeiros, correos, tintorerías ou ximnasios. O sector téxtil e de calzado ten escasas reclamacións, debido á información da que dispón o consumidor e ás boas prácticas de venta do sector.

Noticias relacionadas