O voceiro municipal clausura as XXX Xornadas Penitenciarias Lucenses, coas que colabora o Concello

Mércores, 28 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O voceiro municipal clausura as XXX Xornadas Penitenciairas Lucense, coas que colabora o Concello

O voceiro municipal, Miguel Fernández, clausurou este mércores no Salón de Actos da Deputación as XXX Xornadas Penitenciarias Lucenses, organizadas pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal coa colaboración do Concello, que este ano abordaron durante tres días o escandaloso crecementos dos delitos informáticos e a súa relación cos menores.

No acto, Fernández referiuse ao incremento do uso das novas tecnoloxías e a mestura de delitos cibernéticos que xorden ao abeiro da universalización destas novas ferramentas, gañándolle terreo á delincuencia virtual á máis tradicional. Nesta liña o voceiro fixo fincapé no manexo responsable, e adecuado á idade dos menores, das novas tecnoloxías, “onde non todo vale e o que está por riba de todo son as liberdades da persoas”.

Para rematar, Fernández agradeceu á Asociación Concepción Arenal a aposta durante 30 anos por organizar en Lugo unhas xornadas que versan nun piar fundamental, a igualdade de oportunidade e dereitos.

Noticias relacionadas