Condena unánime da Corporación municipal por un novo crime machista en Badajoz, que eleva a 24 as mulleres asasinadas este ano

Varios edís participaron no minuto de silencio ante a Subdelegación do Goberno, en lembranza de Ilham, de 34 anos e nai de catro fillas menores de idade.

Xoves, 07 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Condena unánime da Corporación municipal por un novo crime machista en Badajoz, que eleva a 24 as mulleres asasinadas este ano

Concelleiras e concelleiros do Goberno local e outros membros da Corporación lucense participaron no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, para amosar a súa repulsa e condena ante un novo crime machista, na provincia de Badajoz, que rematou coa vida de Ilham, de 34 anos e de orixe marroquí. Este crime eleva a 24 o número de mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas no que vai de ano, e a 1.318 desde 2003.

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou ademais que existían denuncias previas por violencia de xénero contra o presunto agresor, marido de Ilham, e tamén de orixe marroquí. A muller de 34 años tiña catro fillas menores de idade, polo que o  número de menores orfos e orfas por violencia machista contra a súa nai ascende a 16 en 2025 e a 485 desde 2013, ano no que se empezaron a contabilizar.

Multimedia

  • Condena unánime da Corporación municipal por un novo crime machista en Badajoz, que eleva a 24 as mulleres asasinadas este ano

Noticias relacionadas