O venres 14 celebrase a II Xornada de accesibilidade ao patrimonio e promoción do turismo accesible organizado por Auxilia

Venres, 07 de novembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo quedou 1º de Galicia e 5º de España como mellor cidade accesible

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e os representantes de Auxilia, Aquilino González e Estela González, presentaron a II Xornada  de Accesibilidade ao patrimonio e promoción do turismo accesible, que se vai a celebrar o próximo venres 14 de novembro.

Carmen Basadre felicitou a Auxilia pola organización destas xornadas e incidiu en que “cada vez é máis importante a accesibilidade universal e que todas as persoas con calquera tipo de discapacidade se incluán nas propostas de actividades turísticas, culturais e todo tipo de ocio ao que tamén teñen dereito”.Neste sentido, destacou que o Concello de Lugo sempre traballou a favor da igualdade e todos os seus edificios tanto culturais como administrativos son accesibles ou a creación de paneis turisticos en braille.

Pola súa parte, Ana González Abelleira, informou que dentro dun concurso a nivel nacional e realizado por unha empresa privada para a eliminación de barreiras, a cidade de Lugo quedou situada como a 5º cidade máis accesible de España e a 1º de Galicia.

O programa da xornada está dividido en dúas partes nas que diferentes especialistas tratarán por un lado, o patrimonio accesible, e por outro lado, o turismo accesible. Así, dende ás 10.00 horas, os ponentes Ana Martínez Obregón e Leopoldo Escobedo, da Fundación María Cristina Masaveu Peterson presentarán o Plan Director de Accesibilidade da Catedral de Oviedo no que se estudiou a accesibilidade para todos os cidadáns con independencia da súa diversidade funcional.

Neste sentido, Aquilino González, explicou que “a accesibilidade do patrimonio segue sendo unha materia pendente xa que en moitos casos non se poden realizar intervencións no mesmo polo que hai  que buscar alternativas” ademais lembrou que “aínda queda barreiras especialmente nos edificios eclesiásticos e aos que non se pode acceder de maneira sinxela”.

A seguinte ponencia terá lugar a partir das 13 horas e será a cargo da Asociación para a promoción do turismo adaptado asturiano, que explicará as actividades que desenvolven para que persoas con diversidade funcional poidan desfrutar do turismo activo, da natureza e dos deportes ao aire libre, como son o esqui alpino, sendeirismo ou parapente. Estela González sinalou que “esta é unha boa oportunidade para que as empresas da provincia de Lugo que se dedican ao turismo activo poidan coller ideas para poñelas en práctica”.

Multimedia

Noticias relacionadas