
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira , e a Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, participaron este venres no relatorio Feminismos decoloniais: as nosas outras, impartido pola Doutora en Tradución e Interpretación, María Reimóndez Meilán, que tivo lugar no centro cultural Vello Cárcere de Lugo. Esta actividade está enmarcada dentro dos Faladoiros Feministas, a programación totalmente gratuíta que Concello e Deputación de Lugo, coa colaboración do Foro feminista Maruxa Mallo, puxeron en marcha co obxectivo de crear un espazo de reflexión da actualidade dende a mirada das mulleres.
Na conferencia sobre feminismos decoloniais a lucense e fundadora da organización Implicadas no Desenvolvemento, María Reimóndez, reflexionou sobre o que hoxe acontece no marco da interseccionalidade, dende unha óptica feminista, centrándose nos diferentes pensamentos feministas e nas principais diferenzas do norte e o sur do país.