O Vello Cárcere acollerá a concerto do guitarrista Jack Broadbent, que actuará por 1ª vez en Galicia, sendo a única data en España

O concerto será o 28 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta ata completar aforo. Enmárcase dentro do ciclo Galicia Importa de AGADIC, que tamén chegar por 1ª vez a Lugo coa colaboración do Concello

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá diversos domingos, de outubro a decembro, programación de teatro e danza para público familiar; e a Biblioteca Municipal, actividades de animación á lectura ao longo de outubro e novembro

Mércores, 17 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acollerá a concerto do guitarrista Jack Broadbent, que actuará por 1ª vez en Galicia, sendo a única data en España

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, adiantou unha nova actividade que acollerá este mesmo mes o Vello Cárcere. Trátase do concerto do británico Jack Broadbent, un dos guitarristas máis aclamados na actualidade, que actuará por primeira vez en Galicia, dentro do ciclo Galicia Importa da Axencia Galega de Industriais Culturais (AGADIC), que tamén chega por primeira vez á cidade coa colaboración do Concello. A edil fixo o anunciou xunto ao director de AGADIC, Jacobo Sutil, e dous representantes da produtora deste evento musical, Sweet Nocturna, Raquel Seijo e David Lago.

Para Carmen Basadre, esta actuación, que será o domingo, 28 de outubro, ás 19:00 horas, a única data que ofrecerá en España, trátase dun concerto distinto nun espazo inmellorable, capaz de acoller dende actuacións de música menos comercial a música de fusión ou tradicional, como se leva vendo ao longo dos últimos meses. A entrada é totalmente gratuíta ata completar aforo.

Jack Broadbent chama a atención pola súa peculiar técnica ao tocar, sacándolle sons á súa guitarra usando unha petaca de whisky vacía. Con gran capacidade de comunicar, a súa forma de transmitir, a súa enerxía e a súa actitude auténtica converteuse en bluesman. En pouco tempo pasou de tocar na rúa a ser reclamado para actuar en importantes festivais de América, Europa, Xapón ou Australia.

Broadbent, ao que lle é suficiente coa súa voz e a súa guitarra, á que lle chama Marilyn, conta con 4 discos ás súas espaldas e con concertos con entradas agotadas por medio mundo.

Teatro e danza para familias

Dentro da colaboración que ten a entidade local con AGADIC, Lugo acollerá, de outubro a decembro, diversa programación de teatro e danza para público familiar. Búscase deste xeito, ofrecerlle un espazo de lecer ás familias, onde nenos e nenas xunto aos pais e nais gocen con diversas actuacións. As actividades forman parte tamén do programa Apego para o fomento da lingua galega entre os pequenos e pequenas.

A programación, que terá lugar sempre ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, é a seguinte:

  • 28 de outubro: Tanxarina: A galiña azul; un espectáculo que mestura monicreques e actores, baseado no conto homónimo de Carlos Casares.
  • 11 de novembro: Mundo Piruleta: A Biblioteca Máxica; un proxecto educativo que cosnta de varias obras diferentes coa mesma plástica e estilo, onde o seu protagonista vive diversas aventuras a través dos libros, o teatro e a bilbiografía de personaxes cébres.
  • 18 de novembro: Teatro de Títeres Trécola: O agasallo de Anya; unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala, respresentada con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.
  • 9 de decembro: Entremáns Danza: Gaia; unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do planeta e dos tesouros naturais.
  • 16 de decembro: Expresión Producións: Uxío no país de Patadecabra; un espectáculo de maxia, teatro e monicreques.

O importe das entradas é de 5€ para os adultos e de 2,5€ para os nenos e nenas. Venderanse na Oficina Municipal de Turismo e no auditorio, desde unha hora e media antes das actuacións.

Animación á lectura e contacontos

A Biblioteca Municipal impartirá ao longo de outubro e novembro diversas sesións de animación á lectura e contacontos. Trátase da actividade Familias Diversas, de Trinke Trinke Teatro, o mércores 24 de outubro; Coas mans na masa, de OQO Editora, o 31 de outubro, Comerá o bebé, de Cris de Caldas, o 8 de novembro, e Isto non é unha caixa, de Sarabela Teatro, o 21 de novembro. Todas as actuacións arrincan ás 18:30 horas.

A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha tarxeta de invitación, que estarán dispoñibles a partir do luns da semana da actuación correspondentes, dende as 16:30 horas, por estrita orde de chegada. O máximo son dúas invitación spor persoa. Esta programación, do mesmo xeito que a anterior, busca fomentar o galego entre os nenos e nenas, existindo actividades para os cativos e cativas de 0 a 3 anos, a partir de 3, de 4 e de 5 anos.

Audios

Documentos

Noticias relacionadas