O Plan de Barrios do Goberno permitirá substituír as tuberías de fibrocemento na rúa do Teixo

As obras iniciaranse esta semana e teñen un prazo de execución dun mes. Contan cun orzamento de 7.000 euros

Luns, 27 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, anunciou as tarefas de renovación da rede de abastecemento na rúa do Teixo, no barrio de Fingoi, que acometerá o Goberno dentro do Plan de Barrios.

As obras, que se iniciarán esta semana, enmárcanse dentro do programa do Concello de ir reducindo paulatinamente as infraestruturas con fibrocemento. Concretamente plantéxase a renovación da rede de abastecemento, substituíndo as tubarías actuais por outras de fundición dúctil, cos correspondentes elementos complementarios da rede. Así mesmo, proxéctase a reposición de pavimentos da calzada, a base de mezclas bituminosas en quente. O prazo de execución das actuacións é dun mes e o orzamento de 7.000 euros.

Ao tempo, o Goberno está rematando o proxecto para facer unha obra do mesmo tipo na rúa Ligustro. Trátase pois de dúas actuacións coas que o equipo de Lara Méndez garante as boas condicións dun servizo público, como é o abastecemento, en distintos puntos da cidade.

Audio

Noticias relacionadas