Miguel Fernández comprobou os traballos, nos que o Goberno realizou unha inversión de máis de 6.000 euros. Consistiron na reparación de grietas, aplicación de pintura e substitución da cuberta
As actuacións responden a unha petición da comisión de festas e dos veciños e veciñas da parroquia
- Tema

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, achegouse ata Santa Comba para comprobar as tarefas de remodelación que o Concello acometeu no palco da música desta parroquia, para as que o Goberno de Lugo realizou unha inversión de máis de 6.000 euros.
Tal e como indicou o edil, os traballos, a petición tanto da comisión de festas como dos veciños e veciñas, consistiron no lavado a presión das paredes, na reparación de grietas e na aplicación de dúas capas de pintura. Tamén se substituíu a cuberta, con pizarra colocada sobre listóns de madeira de castaño
"Esta instalación, totalmente remodelada, poderá ser usada inmediatamente pola comisión e a veciñanza, mesmo esta fin de semana con ocasión das festas parroquiais", avanzou Fernández, que fixo fincapé en que o "Goberno acomete estas actuacións dentro do noso compromiso por mellorar as dotacións do rural".
Audio
- Miguel Fernández, sobre Santa Comba | Descargar mp3