Entre as propostas destacan as exhibicións de danza, contacontos, obradoiros de manualidades e a visita de Papá e Mamá Noel.
O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

O mercado Nadalmente Lucense, promovido polo Executivo de Paula Alvarellos, continúa enchendo a Praza Maior de Lugo de maxia e actividades para toda a familia durante estas festas. A iniciativa busca dinamizar o comercio local e ofrecer un espazo de lecer para pequenos e maiores. Neste senso, a programación para os vindeiros días inclúe obradoiros infantís, xogos tradicionais, contacontos e exhibicións de danza, ademais da visita de Papá e Mamá Noel, que farán as delicias dos máis pequenos.
Así, o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, convidou a toda a cidadanía a participar nesta programación especial: “Queremos que o Nadal en Lugo sexa unha experiencia máxica para as familias e unha oportunidade para apoiar o noso comercio local.”
O mercadiño Nadalmente Lucense non só é un lugar para atopar agasallos orixinais e feitos con mimo, senón tamén unha oportunidade para fortalecer a economía do municipio e poñer en valor o talento dos emprendedores e emprendedoras lucenses.
Un nadal máxico na Praza Maior
O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas, excepto os días 24 e 31 de decembro, con horario reducido ata as 14:30 horas, e os días 25 e 1 de xaneiro, cando permanecerá pechado.
A programación de actividades para os vindeiros días será a seguinte:
Sábado 21
- De 11:00 a 14:30h Visita de Mamá Noel
- 12:00 a 14:00h: Exhibición de Star Dance
- 14:00 a 14:30h: Contacontos navideño
- De 16:30 a 21:00h Visita de Papá Noel
- 17:30 a 18:30h: Exhibición Fábrica de Sons, Escola de Música
- 18:30 a 19:30h: Exhibición Maggie Dance
- 20:00 a 21:00h: Obradoiro manualidades “ Escribindo a carta a Papá Noel “
Domingo 22
- De 11:00 a 14:30h Visita de Papá Noel
- 11:00 a 11:30h: Contacontos navideño
- 12:00 a 13:30h: Obradoiro manualidades “ Escribindo a carta a Papá Noel “
- 13:30 a 14:30h: Xogos Tradicionais
- De 16:30 a 21:00h Visita de Papá Noel
- 16:30 a 19:00h: Exhibición escuela Gravitty
- 19:00 a 20:00h: Espectáculo Maxia co Mago David Méndez
- 20:00 a 21:00h: Obradoiro manualidades “ Escribindo a carta a Papá Noel “
Luns 23
- De 11:00 a 14:30h Visita de Mama Noel
- 11:00 a 12:30h: Obradoiro manualidades de Nadal
- 12:30 a 13:30h: Xogos Infantís navideños
- 13:30 a 14:00h: Contacontos infantil
- De 16:30 a 21:00h Visita de Mamá Noel
- 16:30 a 21:00h: Festa de Nadal de Raiolas
- 17:00 a 18:00h: Exhibición Escuela de Danza Victoria Gil
Martes 24
- De 11:00 a 14:30h Visita de Mamá Noel
- 11:30 a 12:30h: Obradoiro de manualidades de Nadal
- 13:00 a 13:30h: Kid & Us. Contacontos
- 13:30 a 14:30h: Xogos tradicionais
Audio
- O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sobre o Mercado de Nadal | Descargar mp3


