O Inicia Coworking de Lugo acolleu hoxe un taller de marketing e modelo de negocios

Mércores, 13 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Inicia Coworking de Lugo acolleu hoxe un taller de marketing e modelo de negocios

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, visitou este mércores ás persoas participantes no taller sobre marketing Validacións de hipótesis do modelo de negocio, impartido por Lolo Rey, Community Manager, mentor da EOI e profesor da USC. Este é un novo obradoiro enmarcadado dentro do programa Inicia Coworking, que nesta segunda etapa conta con 20 emprendedores que recibirán, ao longo de cinco meses, apoio integral, individualizado e personalizado para poñer en marcha a súa empresa. 

Noticias relacionadas