Membros da Corporación asistiron ao acto, en repulsa polo asasinato o pasado sábado de Leonor. Con ela xa son 43 as mulleres vítimas de violencia de xénero no que vai de ano.

Membros do Goberno Local sumáronse hoxe ao minuto de silencio, convocado pola Subdelegación do Goberno, en repulsa por un novo crime machista, ocorrido o pasado sábado en Guipúzcoa, que acabou coa vida de Leonor, de 45 anos, e nai de dúas fillas. Con ela xa son 43 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas este ano e 1.288 desde 2003. A súa ex parella, de 53 anos, asasinouna o pasado 30 de novembro en Gipúzcoa.
A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou a natureza machista do crime e informou de que existían denuncias previas contra o presunto feminicida presentadas por Leonor, residente en Pasaia Antxo desde fai máis de cinco anos.
Desde 2013, un total de 465 nenas e nenos quedaron orfos por violencia de xénero en España, 32 en 2024. As dúas fillas de Leonor non se incluirán nas estatísticas por ser maiores de idade. Ademais, no que levamos de ano, e a consecuencia destes asasinatos, oito nenas e nenos foron asasinados por violencia vicaria, 61 desde 2013.

