O Goberno de Lara Méndez salda outra débeda histórica: consegue un cambio urbanístico que permitirá acondicionar a esquina de San Roque e a Ronda da Muralla despois de 30 anos

O Pleno Municipal vén de aprobar de maneira definitiva o PEPRI do rueiro en fronte á porta de San Pedro, na confluencia da rúa San Roque, a Ronda da Muralla, Montero Ríos e Carril das Flores

Neste mandato, o Goberno tamén eliminou o tapón urbanístico da Avenida da Coruña tras 40 anos e pagou as expropiacións do Carme logo de 20 anos

Este cambio levará consigo tres actuacións fundamentais: a eliminación da pasarela existente, dar continuidade á beirarrúa de San Roque ata unila coa de Montero Ríos e ampliar o Carril dos Fornos, á súa vez tramo do Camiño Primitivo

Xoves, 31 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Pleno Municipal vén de aprobar de maneira definitiva o Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior (PEPRI) do rueiro 214A, isto é, en fronte á Porta de San Pedro, na confluencia da rúa San Roque, a Ronda da Muralla, Montero Ríos e Carril das Flores, tras abordarse este asunto na Comisión de Desenvolvemento Sostible celebrada o pasado venres.

Este é pois un paso determinante de cara a posibilitar o desenrolo deste ámbito urbanístico e, con elo, o acondicionamento da contorna, o que contribuirá a mellorar radicalmente a imaxe, a seguridade e a accesibilidade dun lugar emblemático da cidade, pois nel conflúen dous patrimonios da humanidade, como é a Muralla e o Camiño Primitivo.

Deste xeito, o equipo e Lara Méndez salda outra débeda histórica con este cambio urbanístico despois de 30 anos. Neste mandato, o goberno tamén eliminou o tapón urbanístico da Avenida da Coruña tras 40 anos e pagou as expropiacións do Carme logo de 20 anos.

As actuacións

O desenvolvemento do ámbito urbanístico existente entre San Roque e a Ronda levará consigo tres actuacións fundamentais na vía pública: a eliminación da pasarela existente, dar continuidade á beirarrúa de San Roque ata unila coa de Montero Ríos e ampliar o Carril dos Fornos, á súa vez tramo do Camiño Primitivo. Todo isto supoñerá un cambio extraordinario na zona, que ademais mellorará a seguridade e a accesibilidade de peóns e vehículos.

O impulso desta medida forma parte do modelo de cidade polo que traballa o Goberno liderado por Lara Méndez, máis accesible, cómoda, humana e con máis espazos públicos para uso público.

Audio

Noticias relacionadas