O Goberno de Lara Méndez promove que Lugo sexa capital mundial do turismo de aventura co seu apoio ao AR World Championship 2021

 A competición reuniu os días 4, 5 e 6 de outubro na cidade amurallada a máis de 600 persoas, entre participantes e persoal de apoio, duns 30 países.

Lara Méndez: “Con este evento buscamos dinamizar o consumo na hostalería e o comercio local e dar a coñecer e promover a imaxe de Lugo a nivel internacional”.

Durante os tres días instalouse unha carpa e pantalla xigante na praza de Augas Férreas para o seguimento da carreira, que terá un percorrido urbano de 5 km.

Mércores, 06 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez promove que Lugo sexa capital mundial do turismo de aventura co seu apoio ao AR World Championship 2021

Lugo acolleu os días 4, 5 e 6 de outubro o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura, unha proba deportiva que combina kaiak, trekking e bicicleta de montaña, e na que participaron preto de 100 equipos de 27 países de toda Europa e América. O executivo de Lara Méndez fixo posible que a cidade amurallada sexa unha das sedes desta edición do campionato mundial, denominado Adventure Racing World Championship, que contará cun percorrido de 620 quilómetros polas provincias de Lugo, Ourense e A Coruña.

Neste senso, a alcaldesa explicou que “durante tres días, Lugo foi capital mundial do turismo de aventura, reunindo a máis de 600 persoas de todo o continente - entre participantes na proba, uns 400, e persoal de apoio - no noso municipio, o que suporá un importante impacto económico e de visibilidade a nivel global”.

Neste senso, Lara Méndez apuntou que “co apoio a este evento buscamos, por un lado, dinamizar o sector servizos, a hostalería e o comercio local, fomentando o consumo e as pernoctas no noso municipio; e, por outro, dar a coñecer e promover a imaxe de Lugo a nivel internacional, pois o evento terá unha audiencia estimada de máis de 7,5 millóns de persoas a través de medios de comunicación e redes sociais”.

Durante os tres días, instalouse na praza de Augas Férreas unha carpa para o seguimento da carreira por parte dos xuíces e o persoal voluntario, así como unha pantalla xigante, dende a que o público puido ver imaxes da carreira en tempo real, ademais dun photocall.

A proba contou cun percorrido urbano de 5 quilómetros na modalidade de orientación. Deste xeito, os participantes, que ían chegando escalonadamente á cidade, deberán pasar por diferentes puntos de control que estiveron situados en lugares emblemáticos no centro de Lugo, dentro do conxunto amurallado.

Con motivo desta proba deportiva, a organización elaborará contidos especiais con imaxes de Lugo para a súa difusión a nivel nacional e internacional.

Evento deportivo igualitario e sostible

As carreiras de aventura, desde a súa creación no ano 1989, diferenciáronse do resto de deportes por ser a única disciplina na cal os equipos deben ser obrigatoriamente mixtos. Esta característica fai que este deporte sexa totalmente igualitario, xa que homes e mulleres compiten na mesma categoría e no mesmo equipo en igualdade de condicións e co mesmo trazado, dureza e quilómetros.

Por outra banda, trátase dunha competición con cero emisións e que promove o respecto e o reencontro cos espazos naturais. Todo o material utilizado antes, durante e despois da carreira, será  de material bio e reutilizable. Non se utilizarán  envases, vasos, botellas, nin outro material de  avituallamento. Ademais, promoveranse accións e quedadas para a limpeza do terreo e das zonas acuáticas polas que transite a carreira.

Os mellores do mundo, en Galicia

O campionato reuniu aos 11 dos 12 primeiros clasificados mundiais das Adventure Racing World Series (ARWS) 2021 entre os 100 inscritos, unha cifra récord na historia das carreiras de aventura.

Esta proba outorga o título de campión do mundo entre os 24 países participantes: España (36 equipos), Francia (14), Suecia (8), Estados Unidos (6), Gran Bretaña (5), Polonia (4), Dinamarca, Colombia (3), Ecuador, Estonia, Finlandia, República Checa e Rusia (2), Alemaña, Bélxica, Brasil, Croacia, Guatemala, Irlanda, Israel, Italia, Letonia, México e Países Baixos (1).

Multimedia

  • O Goberno de Lara Méndez promove que Lugo sexa capital mundial do turismo de aventura co seu apoio ao AR World Championship 2021

Noticias relacionadas