O Goberno de Lara Méndez inviste 73.000 euros no acondicionamento de catro estradas municipais nas parroquias de Pías, Tirimol e Piúgos

O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou este mércores o inicio dos traballos que se levarán a cabo nos núcleos de Fafián e O Corral de Abaixo.

As actuacións contemplan a reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas e a adaptación dos rexistros á nova rasante das vías.

A maiores destas obras, tamén se mellorarán dúas estradas no núcleo de Seivane, en Tirimol, e no núcleo de As Tabernas, en Piúgos.

Mércores, 22 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez inviste 73.000 euros no acondicionamento de catro estradas municipais nas parroquias de Pías, Tirimol e Piúgos

O tenente de alcaldesa e responsable da área de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou este mércores o inicio dos traballos de acondicionamento de dúas estradas municipais na parroquia de Pías, que parten da intersección da estrada provincial LU-P-3907 e discorren polos núcleos de Fafián e O Corral de Abaixo.

Estas tarefas consisten na reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes á nova rasante do camiño.

A maiores destas obras, tamén se mellorará unha estrada municipal en Tirimol, no núcleo de Seivane, que discorre xunto a Igrexa, e outra no núcleo de As Tabernas, en Piúgos.

Todas estas actuacións, que contan cun orzamento de 72.794,49 euros, achegados a través das baixas obtidas nas licitacións das actuacións realizadas con cargo ao Plan Único do ano 2020, realízanse para mellorar a seguridade viaria e dar resposta así ás peticións que realizou a veciñanza destas parroquias.

Miguel Fernández destacou que se trata de actuacións “moi necesarias, que beneficiarán principalmente aos veciños e veciñas que utilizan as vías municipais a diario para efectuar os seus desprazamentos”.

Noticias relacionadas