A Alcaldesa de Lugo e o concelleiro de Medio Ambiente reuníronse coa veciñanza para aclarara as súas dúbidas antes do inicio das obras, en proceso de licitación.
Esta previsto a instalación dun total de máis 20 acometidas domiciliarias, en todas as vivendas existentes nesa zona, que beneficiarán a un centenar de residentes na zona.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro Medio Rural, Miguel Fernández, mantiveron unha reunión coa veciñanza do núcleo rural de Cima de Vila, en Pedreda, para explicarlles de primeira man as obras de abastecemento, que están en proceso de licitación, e contestar as súas dubidas.
As obras, que contan cun orzamento de 121.000 euros, proporcionará un servizo básico a preto dun cento de veciños e veciñas de Cima de Vila. “Esta actuación é froito do noso compromiso para dotar de servizos públicos de calidade e eficientes ás parroquias, que poidan contribuír a fixar poboación no rural”, sostivo a rexedora.
A execución desenvolverase tendo en conta a proximidade dunha rede de abastecemento municipal paralela á Ronda Este, que se ampliará. Esta previsto a instalación dun total de máis 20 acometidas domiciliarias, en todas as vivendas existentes nesa zona.
Audio
- O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernandez, sobre o abastecemento rural en Cima de Vila | Descargar mp3