O edil de Urbanismo asistirá o próximo martes á reunión convocada por Adif para dar a coñecer ás administracións implicadas os avances do proxecto da Estación Intermodal

Mércores, 16 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, acudirá acompañado por técnicos municipais, o próximo martes, día 22 de outubro, á reunión convocada por Adif, en Madrid, co obxecto de que as administracións implicadas na materia manteñan unha xuntanza de seguimento técnico sobre diversas cuestións relacionadas co Proxecto da Área Intermodal de Lugo.

Na orde do día inclúese unha revisión dos asuntos pendentes de resolución así como o calendario estimativo para poder dispoñer dun Convenio asinado que permita desenvolver a intervención.

No encontro, propiciado por Adif como mostra do compromiso adquirido coas administracións, presentarase, ademais, aos autores do proxecto ferroviario que resultaron adxudicatarios do contrato recentemente outorgado por parte do organismo estatal e se dará conta dos avances de cada unha das partes que conforman a actuación global, así como as promovidas dende a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo. 

Noticias relacionadas