
O gran concurso de disfraces para rapazas de rapaces de Lugo foi o prato forte da programación de Entroido do sábado, programación que foi deseñada pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
O concurso tivo lugar, como é tradicional o sábado. Houbo dúas categorías, de disfraz convencional e disfraz reciclado, con premios para os tres primeiros clasificados en individual, parellas e comparsas. O desfile previo ao concurso saíu da praza da Soidade ás cinco da tarde.
O xurado estivo composto por María José García, integrante de Hipócrita Teatro e Ítaca Teatro; Ramón Cabarcos, director da EASD Ramón Falcón e Manuel Cuesta, integrante da Asociación Pepe Barreiro.
Nas categorías Individual e Parellas, repartíronse os 3 premios, recaendo o primeiro (100€ en Individual e 150€ en Parellas) para O Aviador (individual) e As Damiñas Enfloradas (parellas), o segundo (80€ en Individual, 120€ en Parellas) para Eu Son Libre (individual) e As Tanxugueiras (parellas), e o terceiro premio (50€ en individual e 90€ en parellas) para Minicomisario (individual) e Hermione Graner (parellas). Na categoría de Comparsas entregouse só un premio, valorado en 240€ para Os Rockiños.