O Concello reestrutura o servizo de recollida de lixo Quita e Pon para favorecer a reciclaxe no casco histórico

A entidade local substituíu as unidades actuais por 80 novas cunha capacidade de 360 litros, para eliminar os depósitos de lixo do chan. Instalaranse en preto de 30 rúas e prazas

Xoves, 19 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello reestrutura o servizo de recollida de lixo Quita e Pon para favorecer a reciclaxe no casco histórico

O Concello de Lugo vén de reestruturar a noite pasada o servizo de recollida de lixo Quita e Pon, un sistema de recollida domiciliaria de residuos porta a porta, no centro da cidade, que consiste na colocación e retirada diaria dos colectores de lixo, co obxectivo tanto de reducir o impacto visual que causan no centro estes depósitos, como de eliminar molestias de tipo hixiénico no casco histórico. Así o deu a coñecer este xoves o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen lembrou que as unidades de Quita e Pon se ubican no centro cunha breve antelación sobre o horario de recollida previsto, permanecendo na rúa o tempo suficiente para permitir a súa recollida por parte da empresa.

O alcance actual ata o de agora acadaba practicamente o 80% do casco histórico. Con esta reestructuración, o Concello extende o servizo á práctica totalidade do centro da cidade, segundo avanzou o edil, quen subliñou que “se trata de aumentar os puntos de recollida para facilitar o seu uso aos veciños”. De aí, a instalación de colectores en novos puntos como a rúa Aguirre, Raíña ou Progreso e A Tinería.

Neste senso, o Concelleiro tamén adiantou que con esta mellora, a entidade local persegue eliminar os depósitos de lixo no chan, favorecer a reciclaxe e crear unha imaxe de marca do servizo de lixo, para o que se utilizarán colectores das mesmas características, que optimizarán os labores de colocación, estiba e retirada, alcanzando maior rapidez e seguridade.

Tal e como informou Daniel Piñeiro, o Concello substituíu as unidades actuais de colectores de 800 litros, por 80 novas unidades cunha capacidade de 360 litros e cunha cor gris, coa finalidade de reducir o impacto visual, adecuando o depósito ao casco histórico, e facilitar a manipulación por parte dos empregados.

Este servizo complétase con outros que se están a prestar como son a recollida especial de hostelería ou colectores soterrados, entre outros. 

Ubicación das unidades

Os depósitos de envases lixeiros estarán situados na Rúa Montevideo, San Froilán Carril das Estantigas, Rúa Nova, Rúa Falcón, na Praza Pío XXI, na Praza Maior, na Praza de Campo Castelo, Rúa da Raíña, Rúa Nóreas, Rúa do Progreso, Rúa Teatro, Praza de Ferrol, en Bolaño Rivadeneira, Rúa Armanyá, Praza de Santo Domingo e Quiroga Ballesteros.

Por otra banda, os depósitos de residuos orgánicos, instalaranse na Rúa Montevideo, Rúa San Froilán, Carril das Estantigas, Praza de Ferrol, Rúa Nova, Quiroga Ballesteros, Praza da Soidade, Rúa Armanyá, Rúa Avelino J. Pereira, Rúa Falcón , Rúa da Tinería, Praza do Campo, Rúa do Bispo Basulto, Praza de Santa María, Praza de Pío XXI, Praza Maior, Rúa Clérigos, Bispo Aguirre, Praza de Campo Castelo, Praza Anxo Fernández Gómez, Rúa San Pedro, Rúa Nóreas, Rúa do Progreso, Rúa da Raíña, Rúa do Teatro, Canella do Hospital, Praza de Santo Domingo, Bolaño Rivadeneira, Praza de Ferrol e Rúa San Fernando.

Noticias relacionadas