O Concello promove a conciliación familiar no verán con 400 prazas para nenos de 4 a 10 anos, no programa Aulas abertas

As actividades se desenvolverán en xullo y agosto, de luns a venres e de 8.30 a 14.30, nos centros de convivencia de Fingoi, Lamas de Prado, Maruja Mallo, Milagrosa e Paco Martín.

As solicitudes poden presentarse do 10 ao 14 de xuño, desde ás 09.00 ás 13.00 horas, nos locais municipais de Fingoi, Lamas de Prado, María Balteira, Maruja Mallo e Milagrosa.

A edil de Benestar Social explica que haberá prazas reservadas para familias vulnerables, para nenos con discapacidade acreditada e bonificacións a partir do segundo fillo.

Mércores, 05 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello promove a conciliación familiar no verán con 400 prazas para nenos de 4 a 10 anos, no programa Aulas abertas

A concelleira de Benestar Social xa ten ultimadas as actividades, quendas e condicións que rexerán o funcionamento do programa “Aulas Abertas” para os meses de xullo e agosto, co obxectivo de garantir a conciliación familiar e laboral, un dos principais obxectivos nesta área do Executivo de Paula Alvarellos. Este ano ofértanse 400 prazas para nenos empadroados en Lugo, nados entre o 2013 e o 2020; polo tanto, os participantes ten que ter cumpridos os 4 anos ou como máximo os 10, na data de inicio da actividade.

O citado programa desenvolverase en catro quendas, con 20 participantes en cada unha delas, desde o 1 ao 15 de xullo e do 16 ao 31 dese mes; e outros dous grupos do 1 ao 14, e do 16 ao 30 de agosto. O horario abarca os días laborables de 8.30 a 14.30 horas nos centros de convivencia de Fingoi, Lamas de Prado, Maruja Mallo, Milagrosa e Paco Martín. Precisamente, os interesados poderán presentar as súas solicitudes nos tres primeiros centros citados, xunto ao de María Balteira, entre os días 10 e 14 de xuño, desde as 09.00 ás 13.00 horas, e todas elas deberán estar asinadas pola nai, pai ou titores legais dos menores e presentada no Rexistro Xeral do Concello de Lugo.

A edil de Benestar Social, Olga López Racamonde, explicou que “dentro das 400 prazas das que se dispón este ano, haberá como é habitual algunhas reservadas para familias en situación de vulnerabilidade, así como outras prazas para nenos e nenas con discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, cando as súas necesidades lles permitan beneficiarse e participar nas actividades destas Aulas Abertas”. En ambos casos deberán presentar os informes dos servizos sociais ou o certificado de discapacidade, respectivamente. 

Prezos e bonificacións

Ademais, para garantir que estes programas de conciliación laboral cheguen ao maior número de nenas e nenos dunha mesma unidade familiar, haberá bonificacións do 50 por cento para o segundo fillo ou filla, mentres que o terceiro ou terceira quedará exento de pago, sempre que os ingresos da unidade familiar non superen dúas veces o Iprem do pasado ano.

O prezo, dependendo de se a quenda é de dez ou de once días, abarcará dos 10,30 euros aos 11,33 euros, e se deberá pagar unha vez o neno ou nena quede admitido no listado provisional. Este se publicará o vindeiro 19 de xuño, a mesma xornada na que se adxudicarán as prazas mediante sorteo informático público. O pago da cota formalizarase os días 19,20 e 21 e é necesario presentar o xustificante deste ingreso no centro de convivencia antes do día 24 de xuño.

A edil de Benestar Social, Olga López Racamonde, destacou a importancia deste tipo de iniciativas “que en concellos como o de Lugo contribúen moito a conciliación laboral e familiar, un dos principais obxectivos do Goberno Local. De feito, estas Aulas Abertas continúan a liña doutros programas, que desenvolve ao longo do ano a concellería de Muller, como é o Aprende Xogando”. Ademais, a concelleira explicou que tamén haberá Aulas Abertas na zona rural e fixo fincapé “no amplo horario deste programa, de seis horas da mañá, co fin de cubrir toda a xornada de traballo matinal das nais e dos país”.

Audio

  • A concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, sobre o programa Aulas abertas | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello promove a conciliación familiar no verán con 400 prazas para nenos de 4 a 10 anos, no programa Aulas abertas

Noticias relacionadas