Celebraranse os días 27 de agosto e 3 de setembro, de 16:30 a 21:00 horas na Praza Maior. Non é precisa inscrición
Mércores, 26 de agosto de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo organiza unha xornadas de educación vial e prevención de drogas, dentro da programación do +Xti, subvencionada polo Plan Nacional de Drogas. Concretamente, celebraranse mañá xoves, 27 de agosto, e o vindeiro xoves, 3 de setembro, ambos días en xornada de tarde, de 16:30 a 21:00 horas na Praza Maior.
Baixo o título de 0 riscos, 0 drogas estas xornadas están dirixidas á mocidade de 12 a 35 anos e para participar non é precisa a inscrición. Nelas, o Concello afondará en como afectan ás drogas á conducción con actividades de karts a pedais, probas de habilidade ou gafas de simulación.