O Concello organiza unha mesa redonda sobre a situación actual da saúde mental da xuventude

Celebrarase o xoves, 18 de outubro, a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere. A entrada é totalmente de balde, ata completar cabida

Mércores, 10 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello organiza unha mesa redonda sobre a situación actual da saúde mental da xuventude

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este mércores, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, unha mesa redonda que organiza o Concello sobre a Situación actual da saúde mental da xuventude. Celebrarase o xoves, 18 de outubro, a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere, conmemorando así ademais o Día da Saúde Mental, dedicado este ano á mocidade co lema Educación inclusiva, Saúde Mental Positiva. A entrada é totalmente de balde, ata completar cabida.

Na presentación do acto, Carmen Basadre denunciou a escasa cobertura sanitaria para mozos e mozas, de ata 16 anos, que existe en Galicia, contanto actualmente con 6 camas para toda a comunidade, ubicadas en Santiago; e existindo solo unha única unidade de infanto-xuventil para toda a provincia de Lugo, cun psiquiatra, un psicólogo e unha unidade de atención temperá provincial.

"Buscamos dar a coñecer datos e sensibilizar sobre este problema e como detectalo", subliñou a edil, quen avanzou que esta mesa redonda é unha xornada de reflexión e de traballo sobre a prevención das enfermidades mentais, das que a metada comezan antes dos 14 anos e sendo o suicidio a segunda causa de morte entre os 15 e 29 anos

Esta mesa redonda, que tenta visibilizar e pór sobre a mesa un tema preocupante, contará coa participación de Yolanda Carballeira e Gabriela Kepsh, psiquiatras da área infanto-xuvenil do HULA; Jorgue Begazo, psiquiatra residente do HULA, Sagrario Fernández, traballadora social da área infanto-xuventil do HULA, Manuel Iglesias, exoordinador un proxecto europeo sobre o estigma dos transtornos mentais, María José Pena Lage, licenciada en psicoloxía e técnica da área de Xuventude do Concello e Manuel Fernández Prado, presidente de ALUME Saúde Mental Lugo. O psicológo Mauricio Repetto, quen asistiu ao acto de presentación, será o moderador da mesa.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a situación actual da saúde mental da xuventude | Descargar mp3

Noticias relacionadas