Foi un compromiso adquirido pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coa veciñanza.
- Tema

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, visitou a Praza de Augas Férreas, onde se comezou a instalación dun valado de madeira na zona verde, “co fin de acoutar esta área, moi utilizada polos nenos e nenas para xogar ao balón, polo que lle aportamos maior seguridade xa que freamos que poida escapar a pelota cara a estrada”, sostivo a rexedora, que da resposta así á petición que lle trasladaron os residentes e pais e nais usuarios do praza.
O valado, que se coloca en forma de L, mantén a sintonía co peche do parque infantil cuberto, só que é máis alto para unha maior protección. O coste da actuación ascende a 15.000 euros.
A rexedora aproveitou para reiterar a importancia de “respectar os espazos públicos para mellorar a imaxe da cidade”, porque “é un asunto de todos e, polo tanto, merece unha resposta común”. Por iso, apelou a “á responsabilidade, ao respecto e ao coidado da contorna e das zonas verdes”.