O Concello de Lugo secundou este venres a manifestación en apoio do sector lácteo convocada polas organizacións agrarias en Santiago de Compostela
Venres, 17 de xullo de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo secundou este venres a manifestación en apoio do sector lácteo convocada polas organizacións agrarias en Santiago de Compostela. A entidade local, que fretou un autobús, reforza deste xeito o seu compromiso cun sector “fundamental” para Lugo, tras integrarse na Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego. O voceiro e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, participou nesta mobilización para esixirlle ao Goberno central e á Xunta “solucións políticas inmediatas” que poñan fin á situación “insostible” que están a vivir os gandeiros.