O Concello de Lugo recadou nos últimos meses 9.400 euros das placas solares instaladas no CEAO

Venres, 05 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro informou hoxe que o Goberno Local ten recadado nos últimos meses 9.400 euros da empresa Begasa derivados do funcionamento das placas solares instaladas no parque de demostración de enerxías alternativas instalado no CEAO.

Así mesmo, o Concello de Lugo informa que a planta conta con todos os permisos pertinentes para a súa posta en funcionamento, así como da correspondente alta da Consellería de Industria.

O uso que se lle presta ao terreo, tal e como se recolle nos permisos, é compatible coa zona verde na que se ubica, sen que exista perigo ou afectación para a zona, tal e como manteñen os técnicos municipais.

Recentemente tense producido unha avaría na planta, sen verse afectado gravemente o normal funcionamento da mesma, polo que o Concello tomou a decisión de incautar a garantía á empresa responsable do parque ata que se subsanen os danos.

Noticias relacionadas