O Concello de Lugo organiza para esta fin de semana o primeiro desfile do mundo romano

Mércores, 26 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, a deseñadora Sara Laxe, a perruqueira Miriam Souto, e a representante de Corazones Artesanos, Chicha Lombao, presentaron esta mañá o primeiro desfile do mundo romano que terá lugar o vindeiro sábado 29 de maio ás 20:30 horas da praza Maior.

O obxectivo será mostrar aos lucenses as tendencias en peiteados, vestidos e complementos para que sirvan como inspiración na creación dos traxes da vindeira edición do Arde Lucus. Haberá mostras de todas as clases sociais da época: baixa, media e alta; e adaptacións dos traxes de inspiración romana á época actual.

Mostraranse un total de 10 estilismos femininos e 6 masculinos, ademais dalgún infantil.

Lugo comeza así a quentar motores para celebrar un ano máis a festa que volve á cidade aos seus orixes romanos.

www.ardelucus.com

 

Multimedia

Noticias relacionadas