O Concello de Lugo informa dun corte de circulación entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo a partir deste martes, 16 de abril

A limitación atende á necesidade de executar as canalizacións na zona, dentro da obra Corazón Verde entre Murallas. Instalarase sinalización para garantir a seguridade.

Mentres duren os traballos, os vehículos que accedan e saian desde a contorna da Praza Armañá, deberán facelo pola rúa Luis Peña Novo, por diante da Praza de Abastos.

Domingo, 14 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo informa dun corte de circulación entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo a partir deste martes, 16 de abril

O Concello de Lugo informa que, ante a necesidade de executar as canalizacións entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo, traballos enmarcados na obra "Corazón Verde entre Murallas”, será preciso cortar o acceso e saída da rúa Armañá á devandita praza – á altura da entrada de Massimo Dutt i– a partir do próximo martes, día 16 de abril pola mañá.

Para iso, mentres duren os labores, os vehículos que accedan e saian desde a contorna da Praza Armañá, deberán facelo pola rúa Luis Peña Novo, por diante da Praza de Abastos e xunto á saída do parque de Santo Domingo, para o que se habilitará dobre sentido de circulación.

A empresa encargada das obras instalará sinalización na zona, garantindo as condicións de seguridade pra traballadores e ususarios xa que o tránsito peonil si estará permitido. O Concello lamenta as molestias que estes traballos poidan ocasionar e pide comprensión á veciñanza.

Noticias relacionadas