O Concello de Lugo informa dun corte de auga debido a traballos na canalización do río Rato

Martes, 27 de xullo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Infraestruturas informa dun corte de auga que se vai producir este mércores. Debido ós traballos de mellora na canalización do río Rato ó seu paso polo barrio do Sagrado Corazón que leva a cabo a Confederación Hidrográfica, é necesario cambiar unha tubería do subministro da auga. Os traballos vanse facer na rúa Serra de Meira e causarán que este mércores, día 28 de xullo, queden sen subministro de auga a partir das 9 horas e ata última hora da tarde os seguintes lugares:

-Calzada das Gándaras
-Camiño de Romai
-Rúa do Peto
-Rúa Tres Marías
-Rúa San Xosé
-Rúa Monte Adairo
-Rúa Monte Tegra
-Rúa Paporubio
-Rúa Aguia
-Rúa do Cuco
-Rúa Virxe dos Ollos Grandes
-Rúa Virxe da Soidade
-Rúa Tras do Colexio
-Rúa Camiño de Gustavo
-Rúa Ouriol
-Rúa Garza
-Rúa Lavanco
-Rúa Gaivota
-Rúa Monte Pico Sacro
-Rúa Monte Pía Páxaro
-Rúa do Galo
-Rúa da Bolboreta
-Rúa do Vagalume
-Urbanización da Campiña
-Zona alta de Galegos
-Castelo

Na zona alta das Gándaras, así como na Campiña e en Castelo baixará a presión da auga aproximadamente durante os dous días seguinte ó corte, 29 e 30 de xullo.

Ademais, durante os tres días que se prevé que duren os traballos, 28, 29 e 30 de xullo, pódese producir enturbiamento da auga. No caso de darse esa situación será convinte tomar precaucións para o seu consumo.

Noticias relacionadas