O Concello de Lugo firma coa USC un convenio para desenvolver o Plan de Emerxencia Municipal

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela firmaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades para a implantación do Plan de Emergencia Municipal e o seu desenvolvemento no próximo ano.

O Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, e o Vicerrector de Coordinación do Campus da USC en Lugo, Carlos Herrera asinaron este convenio polo que a universidade prestará un servizo de asesoramento e asistencia técnica na área de sistemas de información xeográfica para o Concello. Da parte técnica ocuparase o equipo de investigación do Laboratorio do Territorio (LaboraTe), pertencente ó Departamento de Energía Agroforestal da Escola Politécnica do Campus de Lugo.

A información á población e a difusión da autoprotección sobre o Plan de Emergencia Municipal será unha das liñas principais de actuación, xa que no caso dunha urxencia de calquera tipo, a participación da población é un dos elementos fundamentais para a súa xestión. Por elo, é fundamental que os contidos do PEMU sexan complementados cun programa de medidas destinadas a informar á población sobre os riscos existentes no municipio e as formas máis adecuadas para facerlles fronte, así como difundir as medidas máis adecuadas de autoprotección. Grazas a firma deste convenio elaboraranse as medidas necesaias para difundir o Plan a través de cursos, seminarios e ejercicios prácticos de evacuación.

Nunha primeira fase, a formación estará destinada os colectivos de Centros de Ensino, Asociacións veciñais, sectoriais, empresariais, de comerciantes, profesionais- Centros de Terceira Idade, e nas parroquias, incidindo na autoprotección e informándolles dos riscos existentes. Tamén se realizara unha difusión específica a colectivos relacionados coa prevención (Mutuas do Traballo, servizos de prevención, organizacións sindicais, etc.). O Plan será presentado en reunións con todos os grupos operativos contemplados no mesmo: Xunta Local de Seguridade, FOP, Bombeiros, servizos sanitarios de urxencia, sicólogos, asistentes sociais, con persoal municipal e doutras Administracións Públicas e empresas de servizos relacionadas (estradas e infraestruturas, maquinaria, limpeza, transporte...) cos obxectivos seguintes: implementación, adecuación, formación teórica e práctica (simulacros, etc.).

Ademais, pola firma deste convenio, LaboraTe e Protección Civil serán os encargado da revisión e actualización do Plan de Emergencia Municipal, cada seis meses ou cando se produza algunha outra novidade que sexa necesaria sinalar.

Francisco Fernández Liñares, indicou “a importancia deste convenio para ter actualizado de forma permanente un sistema operativo para, en caso de urxencia, poder atender á poboación eficazmente”.

Noticias relacionadas