O Concello de Lugo e as asociacións de veciños do rural fan un balance moi positivo dos Centros de Dinamización Rural

Xoves, 20 de xaneiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Máis de 1.000 persoas pasaron ao longo de 2010 polo Centro de Dinamización Rural de Coeses

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, mantivo esta mañá unha xuntanza coas asociacións do rural que teñen en funcionamento algún dos Centros de Dinamización Rural postos en marcha polo Concello de Lugo. A reunión contou coa presenza da técnica de servizos sociais e das asociacións de Bóveda, Calde, Coeses, San Xoán do Campo e Santiago de Saá, e fíxose unha valoración moi positiva dos datos obtidos no ano 2010.

Así, e segundo anunciou Carmen Basadre, o Centro de Bóveda dinamizou a máis de 250 persoas, o de Coeses a unhas 1.000 persoas, o de San Xoán do Campo entre 300 e 350 persoas, e o de Calde, foron aproximadamente unhas 250 persoas.

Do mesmo xeito, a Concelleira destacou a oportunidade de traballo que ofertan estes centros para a xente do rural xa que segundo explicou, “dende o Concello só pediuse que as persoas empregadas durante unhas horas nestas escolas, foran das parroquias próximas aos Centros de Dinamización Rural, mulleres e xóvenes”. Dentro disto destacou, son os propios veciños os encargados de elixir o persoal para os Centros.

A Concelleira sinalou que último en incorporarse, o de Santiago de Saá, conta cun Centro de Dinamización Rural máis específico, xa que non abre todos os días senón dúas veces por semana, e segundo explicou, “esto é debido as particularidades da zona, xa que é mais rural e agrícola, e teñen máis dificultades para ter moita xente”. Unha situación que pode cambiar cando os propios veciños así o soliciten, i e que “todo depende deles, dende os horarios ata as actividades ou os días da semana que queren facer uso do centro”, destacou a Concelleira de Benestar Social. E que, segundo sinalou Basadre, cada Centro ten as súas particularidades. Así, sinalou que en San Xoán do Campo tiñan problemas para que acudise a xente maior, e o que decidiron foi atraer a xuventude, ofertando cursos de técnica de lectura ou inglés, “unha forma moi interesante de facer que a xente máis nova atraia aos máis maiores, e facer así un centro interxeracional”.

Carmen Basadre explicou que dende o Concello o que se pretende e que “a xente do rural poida ter un lugar onde reunirse, ou chamar por teléfono para pedir unha cita previa, ou para chamar a unha ambulancia se non teñen teléfono, para que poidan ir a escola ou a perruquería, ou contar cun servizo de podoloxía ou fisioterapia que vaia a zona rural”. Do mesmo xeito, Basadre comentou as diferentes actividades que poden realizarse nos centros, como cine, informática, xardinería, taichi, xornadas e cursos de formación, charlas coloquio, campionatos de tute, ou xantares, o importante destacou, “e ofrecerlles un lugar onde poidan estar, coñecerse e traballar conxuntamente”.

Centros de dinamización

 

Multimedia

Noticias relacionadas