O próximo sábado 6 haberá unha actividade gratuíta para nenos e nenas de 6 a 12 anos no Parque Rosalía de Castro e a inscrición é a través do 010
- Tema

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, dirixida por Luis Álvarez, organiza diferentes actividades para celebrar o Dia Mundial do Medio Ambiente que terá lugar como cada ano dende 1973 o 5 de xuño. Este ano o tema da campaña organizado pola ONU será a sensibilización en relación a temas ambientais pero especialmente ao consumo e a produción sostible.
Desta maneira, o propio dia 5 de xuño, celébrase o concurso online "Sabes como mellorar o noso entorno?". Para participar só hai que entrar ese dia na web de www.lineaverdelugo.com e cubrir un cuestionario que aparece sobre consumo e medio ambiente. As persoas que acerten o cuestionario pasarán a formar parte do sorteo dunha tablet samsung.
O sábado 6 de xuño, no Parque Rosalía de Castro, terá lugar a actividade gratuíta e dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, O segredo de Rosalía, no que mediante un xogo de pistas irán descubrindo os misterios que gardan os bosques e os seus segredos medio ambientais. O número de prazas é de 20 nas dúas sesións, unha de mañá entre as 11 e as 13 e outra entre as 17 e as 19 horas. Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010 ou o propio día se quedan prazas.
Entre os obxectivos principais para a celebración a nivel mundial do dia do Medio Ambiente é motivar ás persoas para que se convertan en axentes activos de cara un medio ambiente sostible e concienciar da repercusión que teñen as actividades humanas na propia natureza.
+ Info
- Cartel do día Internacional do Medio Ambiente | Descargar png