Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo celebra o Dia Mundial do Medio Ambiente con diferentes actividades os días 5 e 6 de xuño

O Concello de Lugo celebra o Dia Mundial do Medio Ambiente con diferentes actividades os días 5 e 6 de xuño

O próximo sábado 6 haberá unha actividade gratuíta para nenos e nenas de 6 a 12 anos no Parque Rosalía de Castro e a inscrición é a través do 010

  • Tema
    • Medio ambiente
Luns, 01 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cartel

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, dirixida por Luis Álvarez, organiza diferentes actividades para celebrar o Dia Mundial do Medio Ambiente que terá lugar como cada ano dende 1973 o 5 de xuño. Este ano o tema da campaña organizado pola ONU será a sensibilización en relación a temas ambientais pero especialmente ao consumo e a produción sostible.

Desta maneira, o propio dia 5 de xuño, celébrase o concurso online "Sabes como mellorar o noso entorno?". Para participar só hai que entrar ese dia na web de www.lineaverdelugo.com [1] e cubrir un cuestionario que aparece sobre consumo e medio ambiente. As persoas que acerten o cuestionario pasarán a formar parte do sorteo dunha tablet samsung.

O sábado 6 de xuño, no Parque Rosalía de Castro, terá lugar a actividade gratuíta e dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, O segredo de Rosalía, no que mediante un xogo de pistas irán descubrindo os misterios que gardan os bosques e os seus segredos medio ambientais. O número de prazas é de 20 nas dúas sesións, unha de mañá entre as 11 e as 13 e outra entre as 17 e as 19 horas. Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010  ou o propio día se quedan prazas.

Entre os obxectivos principais para a celebración a nivel mundial do dia do Medio Ambiente é motivar ás persoas para que se convertan en axentes activos de cara un medio ambiente sostible e concienciar da repercusión que teñen as actividades humanas na propia natureza.

+ Info

  • Cartel do día Internacional do Medio Ambiente | Descargar png [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-celebra-o-dia-mundial-do-medio-ambiente-con-diferentes-actividades-os-dias

Ligazóns:
[1] http://www.lineaverdelugo.com/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_medio_ambiente.png