O Concello de Lugo actuará de urxencia para talar dous tilos en Ramón Ferreiro debido ao grave risco de caída

O tilo nº 1, situado xusto antes do paso de peóns fronte á oficina da Policía Nacional do DNI, incrementou de forma moi notable a súa inclinación desde 2018 ata 2025, ladeándose cara ao nordeste e proyectándose perigosamente sobre a calzada.

Pola súa parte, o tilo nº 2, situado á altura do número 14, sufriu un sinistro en maio de 2023, quedando sen corteza nun tramo de máis dun metro de altura e na metade do perímetro do tronco.

A reposición dos exemplares realizarase na próximo inverno xa que é necesario esperar a desactivación biolóxica de ambos os dous sitemas radiculares.

Domingo, 07 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo actuará de urxencia para talar dous tilos en Ramón Ferreiro debido ao grave risco de caída

O Concello de Lugo informa de que procederá á tala de dous tilos situados na Avenida Ramón Ferreiro, á altura dos números 14 e 21, despois de que un informe técnico municipal determinase que ambas árbores presentan un risco elevado de caída e/ou ruptura, o que supón unha ameaza directa para a seguridade da cidadanía e do tráfico rodado.

Segundo o informe elaborado polos enxeñeiros da empresa concesionaria do mantemento de parques xardíns, dous exemplares de Tilia platyphyllos amosan unha situación crítica derivada do seu estado estrutural e das condicións do contorno no que se atopan.

O tilo nº 1, situado xusto antes do paso de peóns fronte á oficina da Policía Nacional do DNI, incrementou de forma moi notable a súa inclinación desde 2018 ata 2025, ladeándose cara ao nordeste e proyectándose perigosamente sobre a calzada. O documento destaca que o seu sistema radicular se atopa moi comprometido, confinado entre pavimentos duros e afectado polas obras de repavimentación executadas no pasado, o que podería desembocar no colapso das raíces sen previo aviso. Ademais, os seus brazos de grandes dimensións xa sobresaen da liña do bordillo e poden sufrir impactos de autobuses ou camións. O informe conclúe que, dada a diana que suporía unha eventual caída —tránsito continuo de vehículos e peóns—, é imprescindible a súa tala inmediata e reposición.

Pola súa parte, o tilo nº 2, situado á altura do número 14, sufriu un sinistro en maio de 2023, quedando sen corteza nun tramo de máis dun metro de altura e na metade do perímetro do tronco. Esta grave ferida provocou un proceso de pudrición progresiva que compromete a súa estabilidade, aumentando de forma significativa o risco de rotura tanto no punto da ferida como na base do tronco. Os técnicos municipais recomendan igualmente a súa tala e substitución nun prazo máximo dun ano.

O Concello lembra que estas actuacións forman parte das tarefas habituais de control, vixilancia e conservación da masa arbórea urbana, sempre guiadas por criterios técnicos e polo principio esencial de garantir a seguridade das persoas. O goberno local tamén subliña que ambos exemplares serán repostos conforme ao plan municipal de arborado, preservando así o carácter verde da Avenida Ramón Ferreiro. Así mesmo, a reposición dos exemplares realizarase na próxima primavera xa que é necesario esperar a desactivación biolóxica de ambos os dous sitemas radiculares.

Multimedia

  • O Concello de Lugo actuará de urxencia para talar dous tilos en Ramón Ferreiro debido ao grave risco de caída

Noticias relacionadas