O Concello convida a agasallar libros e xoguetes non sexistas neste Nadal

"Se queremos construír unha sociedade máis igualitaria, a lectura infantil e xuventil ten que ser un instrumento que axude a rachar coas ideas estereotipadas que existen na actualidade sobre as mulleres e homes", subliñou Ana Abelleira

No que se refire aos agasallos a iniciativa inclúe 10 claves para a compra responsable e non sexista de xoguetes, tales como que non fomenten a violencia, que non favorezan a rivalidade e que esperten o desexo de xogar así como a creatividade dos máis pequenos

Martes, 19 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello convida a agasallar libros e xoguetes non sexistas neste Nadal

O Concello de Lugo vén de poñer en marcha unha campaña de sensibilización que convida a agasallar libros e xoguetes non sexistas neste Nadal, do mesmo xeito que xa se fixera o ano pasado. A finalidade é concienciar ás familias e promover a igualdade dende idades temperás.

A literatura infantil ten un potencial educativo que a converte en ferramenta de socialización de primeira orde, na que se van interiorizando os valores e actitudes de cada persoa. De aí que, tal e como subliñou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, "se queremos construír unha sociedade máis igualitaria, a lectura infantil e xuventil ten que ser un instrumento que axude a rachar coas ideas estereotipadas que existen na actualidade sobre as mulleres e homes e que amose unha visión do mundo baseada na igualdade, no respecto e na liberdade".

No que se refire aos agasallos a iniciativa inclúe 10 claves para a compra responsable e non sexista de xoguetes: que poidan xogar nenas e nenos indistintamente, que evite a transformación de estereotipos sexistas e non fomente a violencia, que facilite poder xogar cos demais e as relacións entre iguais, que non favoreza a rivalidade, que potencie as relacións cooperativas, que poida xogar calquera nena e non só quen teña habilidades moi específicas, que esperte o desexo de xogar, que desenvolva a imaxinación e a creatividade, que estimule a súa curiosidade e que potencie a capacidade de pensar. 

Documento

Audio

  • Ana Abelleira, sobre os libros e xoguetes non sexistas neste Nadal | Descargar mp3

Noticias relacionadas