O Concello converte a Muralla no símbolo da fortaleza das mulleres coa acendido do monumento en violeta e a proxección da marca cidade Mulleres con Forza

Lugo prepárase como cidade de acollida da manifestación do 3 M

Martes, 26 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello converte a Muralla no símbolo da fortaleza das mulleres coa acendido do monumento en violeta e a proxección da marca cidade Mulleres con Forza

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, xunto a outros membros da Corporación, asistiron este xoves na Mosqueira ao acendido do alumeado da Muralla en cor violeta para dar a benvida, como cidade de acollida, ao movemento feminista de toda Galicia que se manifestará en Lugo pola igualdade os días 3 e 8 de marzo con motivo do Día da Muller.

Ademais das luces, proxéctase no monumento a marca cidade Mulleres con Forza, creada polo Concello de Lugo, coa que se simboliza na Muralla a fortaleza da muller na súa loita pola igualdade de xénero.

O acendido e a proxección será todos os días ás 20.00 horas. 

Noticias relacionadas