O Concelleiro de educación visita a escola Luis Soto Menor, no barrio de San Fiz

Felipe Rivas inicia así unha rolda de visitas a todas as escolas municipais “para planificar as accións da concellería”

Felipe Rivas lembrou que segue aberto o prazo para solicitar as axudas de libros de texto e material escolar

Xoves, 29 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concelleiro de educación visita a escola Luis Soto Menor, no barrio de San Fiz

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou no día de hoxe a escola infantil municipal Luis Soto Menor, no barrio de San Fiz. Felipe Rivas iniciou así unha rolda de visitas a todas as escolas municipais “para coñecer de primeira man a situación de cada escola e poder así planificar as actuacións da concellería”.

A escola Luis Soto Menor conta cun total de 61 prazas distribuídas en catro aulas. Para nenas e nenos de 0 a 1 anos dispón dunha aula con 8 prazas. Outra aula para nenos e nenas de 1 a 2 anos, cun total de 13 prazas e dúas aulas de 2 a 3 anos con 20 prazas cada unha, e ofrece servizo de comedor.

Axudas para material escolar

 Felipe Rivas lembrou que continúa aberto o prazo para as axudas de material escolar e libros de texto das familias con baixos recursos no segundo ciclo de infantil. O concelleiro indicou que estas axudas consisten nun cheque de 100€ para gastar en librerías da cidade e que para solicitalas, as familias interesadas deben presentar a documentación no rexistro do concello, e lembrou que no caso de existir algunha dúbida sobre a documentación a presentar, poden dirixirse ás oficinas do Concello ou chamar ao 010.

Noticias relacionadas