O alcance total das publicacións superou o millón de persoas por primeira vez, cunha interacción especialmente elevada en Instagram e Facebook.
A comunidade supera os 55.000 seguidores/as entre as cinco plataformas, con máis de 3.500 novas incorporacións durante a campaña.
“A presenza dixital do Arde Lvcvs sitúase ao nivel dos grandes eventos do país e reforza a proxección de Lugo como cidade histórica e viva”, afirma o edil Jorge Bustos.

O Arde Lvcvs 2025 bateu récords de impacto nos perfís oficiais da festa, consolidándose como un dos eventos con maior pegada dixital do panorama cultural galego. Por primeira vez, estas canles superaron os2,5 millóns de visualizaciónse acadaron un alcance directo superior ao millón de persoas, cifras que avalan o acerto da estratexia baseada na prioridade dos contidos audiovisuais e na presenza activa en cinco plataformas: Facebook, Instagram, TikTok, Twitter e Youtube.
“A presenza dixital do Arde Lvcvs sitúase ao nivel dos grandes eventos do país e reforza a proxección de Lugo como cidade histórica e viva”, subliñou o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos. Ademais do número de visualizacións, os perfís oficiais medraron en 3.552 seguidores/as con respecto ao ano pasado, ata alcanzar unha comunidade total de 55.966 persoas. Os datos mostran un crecemento notable en cidades como Madrid, Barcelona, Gijón ou Oviedo e consolidan un alcance internacionalque se estende a máis de quince países de Europa e América. Cómpre lembrar que estas cifras refírense exclusivamente aos perfís oficiais da festa, polo que o volume total de conversación nas redes sociais é aínda moito maior.
As redes sociais con maior impacto foronFacebook e Instagram, que concentran boa parte da interacción coa comunidade. No caso de Facebook, superáronse os 300.000 usuarios/as alcanzados desde xaneiro e as 360.000 reproducións de vídeo. En Instagram, os contidos chegaron a máis de 127.000 contas nos últimos 90 días, con 21.800 interaccións e unha taxa de engagement que supera o 17%. “As nosas redes están plenamente vivas: a cidadanía non só ve o Arde Lvcvs, senón que participa e comparte, creando comunidade”, destacou Jorge Bustos.
Un dos datos máis salientables desta edición foi o crecemento exponencial de TikTok, que duplicou a súa comunidade ata superar os 3.700 seguidores/as e acadou 184.000 visualizacións e máis de 6.400 me gusta. “A presenza en TikTok dálle ao Arde Lvcvs unha frescura e unha conexión directa coa mocidade que complementa moi ben o labor noutras redes máis consolidadas”, explicou o edil.
No resto de plataformas, Twitter mantivo unha presenza estable con máis de 5.000 seguidores/as, mentres que Youtube sumou 19.122 visualizacións desde xaneiro e conta con 1.184 persoas subscritas. Estas redes reforzan o carácter divulgativo e de arquivo vivo do evento, permitindo acceder á súa memoria colectiva durante todo o ano. “O noso obxectivo non é só chegar a máis xente, senón estar presentes con calidade e contido útil en todas as canles que, ao tempo, supoñen unha importante estratexia de promoción tanto da festa como da cidade”, afirmou Bustos.
A campaña dixital deste ano deixou tamén lecturas cualitativas importantes, como a proxección internacional do evento e a súa capacidade de conectar con distintasxeracións. Ademais do público galego e estatal, detectouse presenza en países como Arxentina, México, Portugal, Estados Unidos, Filipinas, Canadá ou Rumanía. A nivel de idade, a maior parte da audiencia en Instagram sitúase entre os 25 e os 44 anos, pero tamén hai representación notable entre persoas maiores de 45. “O Arde Lvcvs é un evento que traspasa fronteiras e xeracións, algo que só é posible cunha estratexia dixital coidada, adaptada e ambiciosa”, concluíu o concelleiro.
Audio
- O concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, sobre o Arde Lucus e as rrss | Descargar mp3

