No encontro, ao que tamén asistiu a edil de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, os delegados veciñais trasladaron a Miguel Fernández varias suxestións para os barrios.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asistiu onte a unha reunión cos representantes de asociacións da zona norte de Lugo para recoller demandas, avanzar en próximas intervencións e atender as distintas suxestións para os barrios que lle fixeron chegar os delegados veciñais de colectivos das zonas da Milagrosa, Paradai, A Piringalla, O Castiñeiro, Feijoo ou Galegos, entre outras.
Previamente ao encontro entre o alcalde e os representantes veciñais, estes abordaron nunha reunión algunhas das celebracións e eventos que vivirá proximamente a zona norte de Lugo, entre eles a feira de San Isidro labrador ou a festa dos Milagrosistas do Ano, dos que tamén se informou a Miguel Fernández para solicitar apoio e colaboración do Goberno Local.


