Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O alcalde reúnese cos representantes das asociacións da zona norte para recoller demandas e avanzar en próximas intervencións

O alcalde reúnese cos representantes das asociacións da zona norte para recoller demandas e avanzar en próximas intervencións

No encontro, ao que tamén asistiu a edil de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, os delegados veciñais trasladaron a Miguel Fernández varias suxestións para os barrios.

  • Tema
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Asociacións sociais,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local
Mércores, 26 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde reúnese cos representantes das asociacións da zona norte para recoller demandas e avanzar en próximas intervencións

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asistiu onte a unha reunión cos representantes de asociacións da zona norte de Lugo para recoller demandas, avanzar en próximas intervencións e atender as distintas suxestións para os barrios que lle fixeron chegar os delegados veciñais de colectivos das zonas da Milagrosa, Paradai, A Piringalla, O Castiñeiro, Feijoo ou Galegos, entre outras.

Previamente ao encontro entre o alcalde e os representantes veciñais, estes abordaron nunha reunión algunhas das celebracións e eventos que vivirá proximamente a zona norte de Lugo, entre eles a feira de San Isidro labrador ou a festa dos Milagrosistas do Ano, dos que tamén se informou a Miguel Fernández para solicitar apoio e colaboración do Goberno Local. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-reunese-cos-representantes-das-asociacions-da-zona-norte-para-recoller-demandas-e